domingo, 26 de octubre de 2014

Xa comezou o 1º Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre na Escola das Utopías

O pasado 4 de outubro comezou na Escola das Utopías o primeiro Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre dende que a Escola está homologada pola Xunta de Galicia. 

Nove alumnas e alumnos conforman un grupo moi activo que se está a formar en Animación e Xogos, Educación para a Saúde, Dinámica de Grupos, Educación Ambiental, Habilidades Sociais, Animación Deportiva, Lexislación, Metodoloxía Didáctica, Ocio e Discapacidade, Globoflexia, Maquillaxe, Primeiros Auxilios...

Despois dunha formación de 200 horas poderán realizar a fase práctica do curso en diferentes entidades e finalmente obter o seu título oficial.

O claustro de mestres está formado por docentes con moita experiencia no eido do tempo libre en xeral e nos módulos que imparten en particular.

Ademáis as alumnas e alumnos adquirirán unha gran formación nos grandes piares da escola, a animación, as artes escénicas e a educación ambiental.

Nas vindeiras datas ofreceremos novos cursos de monitoras/es de actividades de tempo libre, monográficos... 





sábado, 13 de septiembre de 2014

Formación Regular Escénica na Escola das Utopías

No vindeiro mes de outubro comeza na Escola das Utopías un Programa de Formación Regular en Artes Escénicas. Os obradoiros que poñemos á vosa disposición son os seguintes:

Luns de 20 a 22 horas. Curso de Técnicas de Improvisación Teatral, impartido por Los Duguis Impro, o grupo de impro teatral máis recoñecido a nivel galego.


Neste curso abordarán  as ferramentas  e técnicas que nos facilitan  a creación  de escenas de teatro improvisadas. Faran aflorar a creatividade e fantasía de cada un para polas ao servizo dun teatro vivo, fresco, contemporáneo e de calidade.

Los Duguis Impro son: Noemí Miranda, Marita Martínez, Marta Iglesias e Oswaldo Digón. 

Martes de 20 a 22 horas. Curso de Narrativa Breve, impartido por Carmen Conde, narradora oral, monologuista, escritora...

Neste curso afondarase en aspectos como os actantes, os tipos de narrador, os puntos de vista, as estruturas, o espazo ou o tempo... 
Mércores de 20 a 22 horas. Curso de Narración Oral (contacontos), impartido por Caxoto Contacontos, alma mater da Trastenda dos Contos. Un dos grandes referentes na narración oral galega.

O curso está orientado especialmente á narración infantil, os contacontos para nenas e nenos. Aínda así, tamén se abordará de maneira puntual a narración para adultos.

Xoves de 20 a 22 horas. Curso de Iniciación ao Teatro, impartido por Pedro Brandariz, cómico, clown, monologuista, showman galaico...

Este curso ten como obxectivo introducir no teatro a persoas sen experiencia (ou con ela), a partir do xogo escénico, dende un punto de vista moi lúdico, cómico e divertido. Ideal para persoas que lles gusta o teatro, pero que nunca "se atreveron".

Todos os cursos teñen un prezo de 30 euros ao mes. E todos os cursos comezan en outubro e rematan en maio (salvo o de Narrativa Breve que remata en decembro).

Se queres apuntarte podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a escoladasutopias@gmail.com






Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre na Escola das Utopías

No vindeiro mes de outubro comezará un novo Curso de Monitoras/es de Actividades de Tempo Libre. 
Trátase dun curso con Titulación Oficial da Xunta de Galicia, requerido para moitos ámbitos socioculturais.

O curso ten unha duración de 200 horas, que se complementan cunha fase de prácticas de 150 horas.

Realizaremos o curso os venres (de 16 a 21 horas) e os sábados e domingos (de 9 a 14 e de 16 a 21 horas), comezando o 4 de outubro e rematando o 23 de novembro.

O curso ten un prezo de 275 euros que se poden pagar en dous prazos. 

O curso eminentemente práctico abordará unha formación multidisciplinar dende a animación sociocultural, a educación para a saúde, a educación ambiental, a igualdade de xénero, os xogos e a animación, as artes plásticas, o campismo, a organización de actividades, a lexislación na materia, ata as artes escénicas...

Para inscribirte podes chamar ó 647.488.688 ou escribir a escoladasutopias@gmail.com



domingo, 28 de julio de 2013

Aberto o prazo de inscrición o Curso de "Maquillaxe Infantil"


Nos primeiros días de Agosto levaremos a cabo un Obradoiro de Maquillaxe Infantil, onde as e os participantes aprenderán as técnicas básicas do maquillaxe de fantasía e o maquillaxe de efectos. 

Aplicarán esas técnicas en patróns estandar e en creacións libres, acadando un dominio básico para maquillar a nenas e nenos, en festas e outras actividades.

O curso ten un custe de 30 euros e o prazo de inscrición xa está aberto. Podes apuntarte no 647.488.688 ou escoladasutopias@gmail.com


Aquí podes descargar a Folla de Inscrición do Curso.
Folla de Inscrición Curso de Maquillaxe Infantil

sábado, 27 de julio de 2013

Así foi o Curso de Contacontos (2013)

Do 22 ao 24 de Xullo levouse a cabo na Escola das Utopías un Curso de Contacontos, cun gran éxito de participación. 

O curso foi impartido por Caxoto Contacontos (da Trastenda dos Contos) e o curso rematou cunha gran gala onde cada alumna narrou as súas historias ó público experimentado unha manchea de sensacións e emocións, así como aprendendo moito.
















viernes, 26 de julio de 2013

Así foi o Curso de Teatro Cómico

Do 15 ao 18 de xullo levouse a cabo na Escola das Utopías o Curso de "Teatro Cómico" e aquí vos deixamos algunha fotos.








Así foi o Curso de "Títeres con Gomaespuma"

Do 8 ao 11 de Xullo levouse a cabo na Escola das Utopías o Curso de "Títeres con Gomaespuma" con grande éxito de participación e resultados. 

Aquí vos deixamos algunha fotografía.